¿Qué Ofertamos?

SUPERNOVA, oferta espectáculos de CINE e PROXECCIÓNS Ó AIRE LIBRE para concellos, deputacións e outros organismos oficiais. Propoñemos catro ciclos de cine:

Cine en femenino: As películas ofertadas neste ciclo foron seleccionadas dende unha mirada de xénero, cine que crea conciencia e amosa as nosas realidades.

Cine con valores: O cine xoga un papel fundamental á hora de ensinar ós nenos e nenas a interpretar a realidade que se amosa a través da fantasía de cada película.

Sábados de cine e xogo: Creamos un espacio onde compartir en familia ratos de diversión e aprendizaxe, tanto para nenos e nenas como para maiores.

Cine social: Un cine empregado como un medio para a crítica e denuncia das problemáticas sociais.

As Nosas Actividades

SUPERNOVA, propón unha programación cultural diferente, consistente nun circuito de Cine e Proxeccións ó aire libre.

O noso programa, “Un verán de Cine” céntrase na difusión do cine como instrumento para a promoción da diversidade, e que se pode enmarcar dentro dos diversos programas culturais que ofertan os municipios.

Dirixímonos a todo tipo de público, sen condición de xénero nin de idade, especialmente destinado a habitantes de localidades sen salas de cine, sobre todo, de zonas alonxadas de centros urbáns ou considerados de difícil aceso.

A finalidade é promover e implementar o  desenvolvemento cultural e estimular o coñecemento da historia e tradición do cine e das correntes cinematográficas, adatándonos a todo tipo de medios, circunstancias ou necesidades.

Administración e Xestión

Administramos e xestionamos a obtención dos dereitos derivados da exhibición pública en todolos formatos para concellos, colexos, asociacións, centros culturais, prazas de touros,…

Para tal fin dispoñemos dun amplio listado de películas dobradas ó castelan e na súa versión orixinal, nas que se incluen os títulos pertenecentes ás compañías multinacionais e independentes existentes no mercado español.

Proxectamos en calquera lugar da Península Ibérica e os equipos empregados son da última xeración e coa máxima calidade dixital, en Blue-Ray.

Dispoñemos dun equipo humán que está especializado en promover unha actitude de participación activa tanto no proceso da actividade social como na cultural.

Dinos o que precisas, en SUPERNOVA adatámonos as túas necesidades e proxectos.

OUTROS SERVICIOS DE SUPERNOVA:

  • Ocio e espectáculos ó aire libre
  • Actividades no tempo de lecer
  • Diversión e cultura