Programa Visions

programa visións

¿Qué Ofertamos?

SUPERNOVA, oferta espectáculos de CINE e PROXECCIÓNS Ó AIRE LIBRE para concellos, deputacións e outros organismos  oficiais. Propoñemos catro ciclos de cinema:

Cine en femenino: As películas ofertadas neste ciclo foron seleccionadas desde unha mirada de xénero, cinema que crea conciencia e mostra realidades.

Cine con valores: O cinema xoga un papel fundamental á hora de ensinar aos nenos e nenas a interpretar a realidade que se mostra a través da fantasía de cada película.

Sábados de cine e xogo: Creamos un espazo onde compartir en familia intres de diversión e aprendizaxe, tanto para nenos e nenas como para maiores.

Cine social: Un cinema utilizado como medio para a crítica e denuncia de problemáticas sociais.

As nosas actividades

SUPERNOVA, propone una programación cultural diferente, consistente en un circuito de Cine y Proyecciones al aire libre.

O noso programa, “Un verán de Cinema” que se centra en difundir o cinema como instrumento para a promoción da diversidade, e que se pode enmarcar dentro dos diversos programas culturais que ofertan os municipios.

Diríxese a todo tipo de público, sen condición de xénero nin idade, especialmente destinado a habitantes de localidades sen salas de cinema, sobre todo, de zonas afastadas de centros urbanos ou considerados de difícil acceso.

A finalidade é promover e implementar o desenvolvemento cultural e estimular o coñecemento da historia e tradición do cinema e as correntes cinematográficas, adapatandonos a todo tipo de medios, circunstancias ou necesidades.

Adminitración e Xestión

Administramos e xestionamos a obtención dos dereitos derivados de exhibición pública en todos os formatos para concellos, colexios, asociacións, centros culturais, prazas de touros,…

Para iso dispoñemos dunha ampla listaxe de películas dobradas ao castelán e na súa versión orixinal, no que se inclúen os títulos pertencentes ás compañías multinacionais e independentes existentes no mercado español.

Proxectamos en calquera lugar da Península Ibérica e os equipos empregados son da última xeración e coa máxima calidade dixital, en BluRay.

Dispoñemos dun equipo humano que está especializado en promover unha actitude de participación activa tanto no proceso da actividade social como na cultural.

OUTROS SERVIZOS DE SUPERNOVA:

  • Ocio e espectáculos ó aire libre
  • Actividades de tempo libre
  • Entretemento e cultura

Dinos o que precisas, en SUPERNOVA adaptámonos ás túas necesidades e proxectos.